Ontzi iluna
Isabel Diaz

Kutxa, 1999

 

 

EU APRENDIN A QUERERTE DESTA MANEIRA

 

Eu aprendin a quererte

desta maneira

e non che reprobo nada

pois aínda que non teña

non teña recordo

nin dos teus beixos

nin  da tua doce ollada

eu non che reprobo nada

nin unha caricia nin

nin unha tenra mirada

eu aprendin a quererte

desta maneira

e non che reprobo nada.

 

Eu penso que non foi xusta

non foi xusta a vida contigo

e si nos non tivemos culpa de nada

nin de arraigar no teu pequeno ventre nin

nin de non querer a tua leite

aínda menos culpa tiveches ti

de ter a tua sorte

eu aprendin a quererte

desta maneira

e non che reprobo nada.

 

Ti fuches o último anel

dunha cadea

o pouco que recibiches non tivo

camiño ningún de saida

ningún destino

as moruxas e as gabias

dos teus fermosos ollos

envelleceron na tua primaveira

non sei — nin falta que me fai —

saber de onde veño

ti non fuches ponte de nada

e eu non serei o chanzo primeiro

si o teu ventre foi pequeno

o meu nin sequera será ventre.

 

Vaia o Demo con el

con el e para sempre

que eu aprendín a quererte

desta maneira

e ti non tiveches

non tiveches

quen te quixese.

 

Ontzi iluna
Isabel Diaz

Kutxa, 1999